| | | |

La Diputació

Recursos

Menú de l'espai

Diputació de Barcelona
Diputació de Barcelona
Rambla de Catalunya, 126
08008 Barcelona
T. 934 022 222
Formulari de contacte

Órganos de goberno

A Deputación de Barcelona é unha institución gobernada por alcaldes, alcaldesas, rexedores e rexedoras dos 311 concellos da provincia. Os órganos de goberno da Deputación de Barcelona son:

Presidente

O presidente é o representante legal da Deputación e dirixe ao seu goberno. É escollido entre os deputados e as deputadas que compoñen o Pleno da corporación.

Vicepresidentes

Os vicepresidentes substitúen ao presidente en caso de vacante, ausencia ou imposibilidade. Son designados libremente polo presidente entre os membros da Comisión de Goberno.

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno está formada polo presidente e un máximo de 17 deputados e deputadas do equipo de goberno. Correspóndelle a asistencia ao presidente no exercicio das súas atribucións de goberno.

Pleno

O Pleno é o órgano colexiado de goberno e ten funcións de aprobación das actuacións e das políticas institucionais da Deputación. Está composto por 51 deputados e deputadas, representantes de todo o territorio. O Pleno celebra sesións ordinarias con carácter mensual e pode celebrar reunións extraodinarias. Todas as sesións son públicas.

Comisións informativas e de seguimento das áreas de xestión

As comisións informativas e de seguimento son os órganos de estudo, información e consulta sobre aqueles asuntos que deban ser sometidos ao Pleno de cada unha das áreas de xestión da Deputación. O seu responsable é un deputado delegado ou deputada delegada de goberno e forman parte deputados e deputadas de todos os grupos políticos con representación institucional.

Comisión Especial de Contas

A Comisión Especial de Contas ten a función de emitir un informe sobre as contas anuais da Deputación.


Accessibilitat | Ajuda | Avís legal | Contacte

Diputació de Barcelona. Rambla de Catalunya, 126. 08008 Barcelona Tel. 934 022 222