A
Deputación de Barcelona é unha institución de goberno
local que impulsa o progreso e o benestar dos cidadáns e cidadás
no seu ámbito territorial: actualmente, a provincia de Barcelona, 311
municipios en rede, actúa directamente a prestar servizos
e, sobre todo, en cooperación cos concellos.
Forma parte do ámbito da Administración local, a máis próxima á cidadanía.
A
Deputación de Barcelona ofrece fundamentalmente apoio técnico,
económico e tecnolóxico aos concellos para que poidan prestar
servizos locais de calidade de forma máis homoxénea en todo
o territorio. Coordena servizos municipais e organiza servizos públicos
de carácter supramunicipal.
A
Deputación de Barcelona desenvolve o traballo en rede cos concellos.
Isto supón traballar xuntos para compartir obxectivos e crear máis
benestar que chegue a todo o territorio, e tamén para mellorar a calidade
dos servizos, o saber facer dos profesionais e difundir as boas prácticas.
Tamén significa sumar esforzos, información e recursos para aumentar o seu rendemento: máis e mellores servizos cos recursos existentes. E optimizar os recursos humanos, técnicos e materiais, ao aplicar economías de escala, ao compartir coñecementos e ao evitar duplicidades de estruturas.
A «Rede de Concellos» da Deputación de Barcelona baséase na administración dixital e potencia así mesmo a utilización das novas tecnoloxías no ámbito local.
As
deputacións, como órganos da administración local xunto
cos concellos, son as administracións máis próximas e
que mellor coñecen as realidades territoriais e as necesidades da poboación.
O deseño dos servizos desde a proximidade pode ser o máis axeitado
e eficiente para facer chegar máis benestar a todas as persoas.
O
noso ámbito territorial representa o 24% do total da superficie de
Cataluña e o 74,4% do total da poboación catalana.
| Superficie (km2) | Poboación (hab.) | Densidade (hab./km2) | |
|---|---|---|---|
| Barcelona | 7.719 | 5.416.447 | 701,7 |
| Cataluña | 32.113 | 7.346.078 | 228,7 |
| España | 505.992 | 46.157.822 | 91,2 |
Fonte: INE, datos de xaneiro de 2008.
A
Deputación de Barcelona é herdeira da que se constituiu no ano
1836, como resultado da división de España en provincias prevista
na Constitución de Cádiz de 1812. lnicialmente exerceu competencias
en materia de obras públicas, ensino secundario, beneficencia e funcións
intermedias entre os municipios e o Estado.
A presidencia de Enric Prat de la Riba (1907-1914) fixo rexurdir a Deputación cun ambicioso proxecto de creación de infraestruturas básicas que desembocou na creación da Mancomunidade de Cataluña. Esta institución, suprimida pola ditadura de Primo de Rivera en 1924, levou a cabo en dez anos unha tarefa de modernización do país.
A Constitución de 1978 recoñece a autonomía da Administración local (os concellos e as deputacións) e é neste contexto que a Deputación de Barcelona exerce a súa misión mediante a cooperación cos concellos.
Accessibilitat | Ajuda | Avís legal | Contacte
Diputació de Barcelona. Rambla de Catalunya, 126. 08008 Barcelona Tel. 934 022 222